Accesibilidade das páxinas web da CNMV

Declaración de accesibilidade

A Comisión Nacional do Mercado de Valores comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web, de conformidade co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público (en adiante, Real Decreto 1112/2018).

A presente declaración de accesibilidade aplícase a o sitio web: https://www.cnmv.es

Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme con con Real decreto 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido no accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  • Falta de conformidade co Real decreto 1112/2018
    • Pode haber erros puntuais de edición nalgunha páxina web, como a implantación incorrecta de elementos, a presenza dalgunha ligazón rota, listaxes baleiras ou ligazóns cun texto que non é significativo ou con etiquetas incompletas ou incorrectas.
  • Carga desproporcionada
    • Non se aplica
  • O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable
    • Existen arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpren na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade.
    • Contido multimedia de base temporal pregravado publicado antes da entrada en vigor deste real decreto.
    • Contenidos multimedia en directo.

Preparación da presente declaración d accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 19 de setembro de 2020.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo propio organismo.

Última revisión da declaración: 19 de setembro de 2020.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do Real decreto 1112/2018) como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web.

Estas comunicacións poden realizarse a través de dúas vías:

Solicitudes de información accesible e queixas

Tamén pode solicitar que se lle proporcionen nun formato accesible aqueles contidos publicados nestes sitios web que estean excluídos da obriga de seren accesibles e formular queixas relativas aos requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.b do Real decreto 1112/2018) a través da seguinte ligazón:

Formulario de queixas

O Departamento de Estratexia e Innovación recibirá e tratará as comunicacións, as solicitudes e as queixas sobre a accesibilidade destes sitios web.

Procedemento de aplicación

Pode iniciar unha reclamación contra a resposta a unha solicitude de información accesible ou unha queixa relacionada coa accesibilidade destes sitios web (artigo 13 do real decreto 1112/2018) cando:

  • a súa solicitude ou queixa fose desestimada.
  • non estea de acordo coa decisión adoptada.
  • a resposta non cumpra os requisitos incluídos no artigo 12.5 do Real decreto 1112/2018.
  • transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta da CNMV.

A persoa interesada poderá iniciar a reclamación para coñecer e oporse aos motivos da desestimación, para instar á adopción das medidas oportunas no caso de non estar de acordo coa decisión adoptada ou para expor as razóns polas que considera que a resposta non cumpre os requisitos esixidos.

De conformidade coa normativa vixente, na actualidade pódense formular solicitudes, queixas ou reclamacións en relación cos sitios web da CNMV. O procedemento de reclamación pódese iniciar a través da seguinte ligazón:

A Dirección Xeral de Política Estratéxica e Asuntos Internacionais resolverá as reclamacións sobre a accesibilidade dixital destes sitios web.

Contido opcional

O sitio web está optimizado para os navegadores Edge 79.0, Opera 32.0, Chrome 46.0 e Mozilla Firefox 41.0 ou versións superiores destes. Conta cun deseño adaptable (Responsive), polo que se visualizará de forma óptima en tabletas e móbiles. Nestes dispositivos está optimizado para a súa visualización nas últimas versións vixentes de Chrome for mobile, Firefox for mobile, Safari mobile, Opera Mini e navegador nativo de Android.

Pode acceder a novas funcionalidades de accesibilidade que permiten a mellor visualización dos contidos de acordo coas necesidades dos usuarios.

Accesibilidade das aplicacións da CNMV para dispositivos móbiles

Declaración de accesibilidade

A Comisión Nacional do Mercado de Valores comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web, de conformidade co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público (en adiante, Real Decreto 1112/2018).

A presente declaración de accesibilidade corresponde á aplicación para dispositivos móbiles da CNMV tanto na súa versión para iOS como para Android. 

Situación de cumprimento

Esta aplicación é parcialmente conforme con con Real decreto 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polos seguintes motivos:

  • Falta de conformidade co Real Decreto 1112/2018

    • Nesta declaración de accesibilidade non se recollen as barreiras de páxinas externas aínda que formen parte do proceso de navegación.
    • A aplicación contén imaxes sen alternativa textual.
    • A estrutura de encabezamentos das páxinas contén algúns saltos na xerarquía. 
    • A visualización da aplicación pode non ser adecuada porque non se modifica a orientación da pantalla.
    • Usáronse as cores para transmitir información sen ofrecer outras alternativas. 
    • O contraste entre elementos textuais e non textuais co fondo tamén pode ser insuficiente para algúns usuarios con discapacidade visual.
    • O redimensionamiento do texto pode provocar que algúns contidos queden superpostos.
    • Poderíase perder contido ou funcionalidade se o usuario non navega desprazándose en dúas dimensións.
    • Algúns elementos non son accesibles a través do teclado.
    • Os textos dos encabezamentos e etiquetas poden non ser comprensibles por todos los usuarios.
    • O foco do teclado non sempre é visible.
    • A aplicación conta con funcións que se realizan pasando o dedo, que non teñen opción de facerse cun so clic.
    • Existen accións que se poden realizar co rato ou outro tipo de punteiro que despois o usuario non pode cancelar nin reverter. (Só na versión para iOS).
    • Non se ofrecen suxestións para corrixir os erros que o usuario puidese cometer nos formularios. (Só na versión para Android).
    • Algúns formularios poden carecer de etiquetas e instrucións suficientes. (Só na versión para Android).
    • O validador automático do Consorcio W3C indica que hai erros no código HTML e nas follas de estilo CSS.
    • Algúns elementos interactivos non son accesibles para os lectores de pantalla.
    • As mensaxes de estado non aparecen nun contedor co rol adecuado. (Só na versión para iOS).
    • Non se cumpren todos os criterios das normas WCAG 2.1.
    • A aplicación non utiliza os servizos de accesibilidade da plataforma documentados, ou incluso usándoos non cumpre os requisitos do 11.5.2.5 ao 11.5.2.17.
  • Carga desproporcionada
    • Non aplica
  • O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable
    • Poderían existir ficheiros ofimáticos en PDF ou outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpren na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 30 de setembro de 2022.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación con recursos externos levada a cabo polo propio organismo.

Última revisión da declaración: 30 de setembro de 2022.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do Real Decreto 1112/2018) como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte desta aplicación.
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade da aplicación.

As devanditas comunicacións poden realizarse a través de dúas vías:

Solicitudes de información accesible e queixas

Tamén pode solicitar que se lle proporcionen nun formato accesible os contidos publicados nesta aplicación para dispositivos móbiles que estean excluídos da obriga de ser accesibles e formular queixas relativas aos requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.b do Real Decreto 1112/2018) a través da seguinte ligazón:

Formulario de solicitudes e queixas

As comunicacións, solicitudes e queixas sobre accesibilidade desta aplicación serán recibidas e tratadas polo Departamento de Estratexia, Innovación e Finanzas Sostibles.

Procedemento de aplicación

Pode iniciar unha reclamación contra a resposta a unha solicitude de información accesible ou queixa relacionada coa accesibilidade desta aplicación (artigo 13 do RD 1112/2018) cando:

  • a súa solicitude ou queixa se desestimase
  • non estea de acordo coa decisión adoptada
  • a resposta non cumpra os requisitos contemplados no artigo 12.5 do Real Decreto 1112/2018
  • transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta da CNMV.

A persoa interesada poderá iniciar a reclamación para coñecer e opoñerse aos motivos da desestimación, instar á adopción das medidas oportunas no caso de non estar de acordo coa decisión adoptada, ou expoñer as razóns polas que considera que a resposta non cumpre cos requisitos esixidos. 

O procedemento de reclamación pode iniciarse a través da seguinte ligazón:

Formulario de reclamacións

As reclamacións sobre accesibilidade dixital desta aplicación serán resoltas pola Dirección Xeral de Política Estratéxica e Asuntos Internacionais.