Busca

Titular do web

www.cnmv.es é un dominio na Internet de titularidade da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CIF Q-2891005-G), c/ Edison, 4, Madrid. Tel. 915851500.

Exención de responsabilidade por contidos e servizos

A información que se difunde por este medio faise unicamente a título informativo; a Comisión Nacional do Mercado de Valores resérvase o dereito de eliminar ou suspender a súa difusión, total ou parcialmente, e de modificar a estrutura e o contido deste sitio web sen aviso previo, podendo incluso limitar ou non permitir o acceso á devandita información. O propósito da Comisión Nacional do Mercado de Valores é manter a calidade e actualización desta información, e evitar e minimizar posibles erros causados por fallos técnicos. Non obstante, non garante que este servizo non sexa interrompido ou afectado por estes fallos.

A CNMV non é responsable da veracidade da información de carácter público incorporada aos seus rexistros oficiais que fose entregada por terceiros para dar cumprimento a unha obriga legal. A incorporación desta información aos rexistros oficiais da CNMV só implica o recoñecemento de que contén toda a información requirida polas normas que fixen o seu contido.

Como consecuencia do anterior, a Comisión Nacional do Mercado de Valores non responderá dos danos ou prexuízos causados por decisións tomadas baseándose na información difundida por este medio, nin de posibles inexactitudes, omisións ou erros contidos nel, nin dos problemas que se orixinen polo uso deste sitio web ou doutro de conexión externa, nin dos danos e/ou prexuízos no software ou no hardware da persoa usuaria que se deriven do acceso a este sitio web, ou da descarga de programas ou ficheiros difundidos nel. Tampouco garante nin se responsabiliza de que calquera información dispoñible neste sitio web reproduza exactamente os documentos publicados en papel, nin responderá das ligazóns e referencias a outros sitios web nin da información difundida por terceiras persoas nas que apareza citado como fonte.

As persoas usuarias de calquera páxina do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores, ao acceder a ela, aceptan esta cláusula e están de acordo no seu contido.

Propiedade intelectual dos contidos do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores

Para todas as páxinas deste sitio web Copyright © Comisión Nacional do Mercado de Valores, Madrid, España.

Os textos, fotos e elementos gráficos que constitúen o sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores e que se difunden a través del, así como a súa forma de presentación, son titularidade exclusiva da Comisión Nacional do Mercado de Valores, que conta con todos os seus dereitos de explotación, directamente ou a través de acordos con terceiros. Con carácter xeral, a Comisión Nacional do Mercado de Valores non concede licenza de uso ou autorización industrial ou intelectual, ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado co seu sitio web, salvo acordo expreso por escrito con terceiros, e resérvase o dereito de modificar ou limitar en calquera momento as condicións de uso da información que se publica no seu sitio web e que se describen a seguir:

As persoas usuarias do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores poderán facer libre uso privado da información obtida directamente del, incluso a realización de copias en memoria local (RAM) ou noutros dispositivos de almacenamento temporal. Nos demais casos de utilización da información para usos que non sexan meras consultas de uso privado, esta utilización autorízase só se se respectan e cumpren as condicións seguintes:

  • A distribución ou reprodución da información que se difunde no sitio web da Comisión Nacional do Mercado do Valores debe realizarse fielmente, sen manipular nin alterar os contidos.
  • Cando a información se incorpore a documentos ou a outros medios que vaian ser vendidos ou cedidos de maneira non gratuíta, a persoa física ou xurídica que a publique ou difunda baixo calquera soporte, deberá informar os compradores e/ou cesionarios que a información pode ser obtida libre de cargo a través do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores, tanto antes de que paguen calquera subscrición ou prezo como cada vez que poñan á súa disposición a información tomada do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores.
  • A información obtida do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores poderase utilizar para realizar cálculos que difunda a persoa usuaria (por exemplo, mediante periódicos axustes dos datos estatísticos, cálculos de taxas de evolución).
  • Cando existan vínculos desde calquera sitio web ao da Comisión Nacional do Mercado de Valores ou calquera das súas páxinas internas, as correspondentes páxinas deberán aparecer nunha ventá independente e ser o único elemento na pantalla (por exemplo, non deben aparecer dentro do marco doutro sitio web).

As persoas usuarias comprométense a utilizar este sitio web e os seus servizos respectando as condicións expostas; a Comisión Nacional do Mercado de Valores resérvase todas as accións legais que poidan corresponderlle para esixir as responsabilidades de calquera tipo que se deriven do seu incumprimento.

Sede electrónica / Rexistro electrónico

O servizo de tramitación electrónica, a través da sede electrónica / rexistro electrónico https://sede.cnmv.gob.es/, con conexión dende este web, cumpre coa normativa vixente e, xa que logo, os documentos presentados por este medio teñen a mesma validez xurídica que se se presentasen por calquera outro dos especificados na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na demais lexislación e normativa concordante.

Protección de datos de carácter persoal

En cumprimento da normativa vixente sobre protección de datos de carácter persoal e, máis en concreto, do Regulamento xeral de protección de datos (REGULAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE), https://eur-lex.europa.eu/legal-content/ES/TXT/PDF/?uri=CELEX:32016R0679&qid=1536912033491&from=ES, a seguir infórmase sobre a política de protección de datos de carácter persoal da Comisión Nacional do Mercado de Valores.

Recoméndase aos titulares dos datos persoais que se van tratar, na súa condición de interesadas, que lean esta información con atención en cada ocasión que accedan a este sitio web para coñecer todos os aspectos relacionados co tratamento dos datos persoais que poderán facilitar a través do sitio web www.cnmv.es, así como a través de calquera outro medio ou formulario disposto para iso.

Esta política de protección de datos posta en coñecemento do interesado supón o cumprimento por parte da Comisión Nacional do Mercado de Valores da súa obriga de informar o interesado, de acordo co principio de transparencia, verbo das circunstancias e condicións do tratamento que efectúa a Comisión Nacional do Mercado de Valores sobre os datos de carácter persoal que o interesado facilita a través dos formularios dispostos no sitio web, os propios da súa navegación a través do sitio web, e calquera outro dato que poida facilitar a través doutro medio ou soporte, así como dos dereitos que asisten ao interesado.

Responsable do tratamento dos datos persoais

O responsable do tratamento dos datos facilitados é a Comisión Nacional do Mercado de Valores, CIF Q-2891005-G, rúa Edison, n.º 4, 28006 Madrid, e teléfono 915851500.

Ademais, o interesado pode, se o desexa, dirixirse ao delegado de protección de datos da Comisión Nacional do Mercado de Valores a través do correo electrónico dpd@cnmv.es ou mediante escrito dirixido ao delegado de protección de datos no domicilio da Comisión Nacional do Mercado de Valores.

Finalidade do tratamento dos datos persoais

A finalidade do tratamento dos datos corresponde a cada unha das actividades de tratamento que realiza a Comisión Nacional do Mercado de Valores para cumprir coas obrigas legalmente establecidas que lle incumben, así como á tramitación e xestión de solicitudes, reclamacións, queixas, consultas, procesos de selección de persoal, subscricións a programas de educación, a noticias, publicacións, convocatorias, normativas, relacións con provedores, informes estatísticos respecto dos hábitos de acceso e actividade desenvolvida polos interesados no sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores.

Lexitimación

O tratamento dos datos de carácter persoal de interesados realízase para o cumprimento de obrigas legais por parte da Comisión Nacional do Mercado de Valores, para o cumprimento de misións realizadas en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos a esta, así como cando a finalidade do tratamento requira o seu consentimento, que se deberá prestar mediante unha clara acción afirmativa.

Confidencialidade

Os datos de carácter persoal que se puidesen obter directamente do interesado trataranse de forma confidencial e quedarán incorporados á correspondente actividade de tratamento titularidade da Comisión Nacional do Mercado de Valores. Ao efecto, adoptaranse as medidas organizativas e de índole técnica necesarias que garantan a seguridade dos seus datos e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos.

Obrigatoriedade de facilitar os datos

Agás se se dispón o contrario nos formularios do sitio web ao que accede o interesado, os datos solicitados nestes formularios son os estritamente necesarios, e é obrigatorio cubrilos para cumprir coas finalidades establecidas nestes formularios. Por conseguinte, a negativa a cubrilos ou facelo de forma incorrecta implica que non se poderán atender as finalidades perseguidas polos devanditos formularios e solicitados polo interesado.

Conservación de datos

Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitan e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

Comunicación de datos

Con carácter xeral, non se comunicarán os datos persoais a terceiros, agás se existe unha obriga legal, entre as que poden estar as comunicacións a autoridades administrativas ou xudiciais, ao Ministerio Fiscal, á Autoridade Europea de Valores e Mercados (ESMA), a outros reguladores e supervisores, ás comisións parlamentarias de investigación e ao Fondo de Garantía de Investidores.

Os datos persoais só se poderán pór en coñecemento de empresas que prestan servizos á Comisión Nacional do Mercado de Valores en virtude dos contratos de encarga subscritos para o mantemento e o correcto funcionamento dos servizos e actividades da Comisión Nacional do Mercado de Valores.

En caso de que os destinatarios indicados neste apartado poidan atoparse situados fóra do Espazo Económico Europeo, as transferencias internacionais de datos estarán debidamente lexitimadas.

Dereitos dos interesados

O interesado, de acordo coa normativa de protección de datos e cos requisitos, efectos e límites fixados nela, poderá exercer os seguintes dereitos ante a Comisión Nacional do Mercado de Valores:

Retirar o consentimento previamente outorgado.

Cando o tratamento dos datos do interesado por parte da Comisión Nacional do Mercado de Valores estea baseado no consentimento prestado, o interesado poderá retirar o seu consentimento en calquera momento sen que isto poida afectar á licitude dos tratamentos efectuados con anterioridade. Os consentimentos obtidos para as finalidades mencionadas son independentes, polo que o interesado poderá revogar só un deles sen que afecte os demais.

Obter confirmación sobre os tratamentos dos seus datos que se levan a cabo.

Acceder aos seus datos persoais.

Rectificar aqueles datos que considere inexactos ou incompletos.

Solicitar que os seus datos se supriman cando a súa obtención e tratamento se basee no consentimento do interesado.

A Comisión Nacional do Mercado de Valores, de acordo co disposto na normativa de protección de datos, non poderá dar curso ás solicitudes de supresión de datos cando estes se obtivesen e se tratasen en cumprimento dunha obriga legal ou dunha misión realizada en interese público, ou no exercicio de poderes públicos conferidos á Comisión Nacional do Mercado de Valores.

Solicitar a limitación dos seus datos cando se cumpra algunha das condicións previstas na normativa de protección de datos.

Solicitar a portabilidade dos seus datos, na forma e nos termos contemplados na normativa de protección de datos.

Oporse ao tratamento dos seus datos cando se cumpra algunha das condicións previstas na normativa de protección de datos.

Non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos.

Para exercer estes dereitos, o interesado debe remitir á Comisión Nacional do Mercado de Valores un escrito firmado por el e anexar o seu DNI ou calquera outro documento que acredite a súa identidade, a través da dirección de correo electrónico derechospd@cnmv.es.

No caso de que o interesado considere que a Comisión Nacional do Mercado de Valores vulnerou os seus dereitos de protección dos seus datos persoais, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Sen prexuízo do anterior, o interesado tamén poderá, con carácter previo á presentación dunha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, dirixirse ao delegado de protección de datos da Comisión Nacional do Mercado de Valores a través do correo electrónico dpd@cnmv.es ou mediante escrito dirixido ao delegado de protección de datos no domicilio da Comisión Nacional do Mercado de Valores.

Cookies

Coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo e coa finalidade de facilitar o seu uso, o web da Comisión Nacional do Mercado de Valores emprega cookies (ficheiros que se gardan no dispositivo de quen accede a determinadas páxinas web co obxecto de almacenar e recuperar información sobre a navegación que se efectúa dende ese equipo) cunha finalidade técnica e na medida imprescindible para o correcto funcionamento e visualización do sitio web por parte do usuario.

As cookies empregadas no web da Comisión Nacional do Mercado de Valores, todas elas propias, teñen unha vixencia temporal limitada e empréganse para personalizar a experiencia de navegación, así como para identificar e recordar o usuario rexistrado na sección de subscricións a «Feitos relevantes» (sen datos de carácter persoal) e o que accede á sede electrónica.

  • Cookies para axustar o idioma: estas cookies utilízanse para recordar o idioma que o usuario empregou na súa última visita ao portal ou á sede electrónica da Comisión Nacional do Mercado de Valores, de forma que as páxinas se amosen nese idioma en sucesivas visitas, sen necesidade de interacción por parte do usuario.
  • Cookies de rexistro: coa finalidade de manter o usuario identificado durante o proceso de creación e modificación da sección de subscricións a «Feitos relevantes» e ao acceder á sede electrónica da Comisión Nacional do Mercado de Valores, xéranse cada vez que o usuaro inicie sesión. No caso de subscricións a «Feitos relevantes», almacénase a información do correo electrónico introducida, e cando se accede á sede electrónica da Comisión Nacional do Mercado de Valores almacénase a data, a hora e o identificador da sesión. Estas funcionalidades pódense suprimir coa opción «Pechar sesión»; desta forma, a próxima vez que o usuario volva entrar, será necesario que se identifique mediante a operación de «Iniciar sesión».
  • Cookies de identificación: no trámite «IPP» (información financeira intermedia de entidades emisoras de valores admitidas a negociación) da sede electrónica da Comisión Nacional do Mercado de Valores, almacénase o CIF, o tipo e o nome da entidade, o correo de contacto, o usuario e o NIF da persoa asociada ao usuario empregado ao iniciar sesión, necesarios para a operativa deste trámite.

O usuario pode configurar o seu navegador para non aceptar o uso de cookies. Neste caso, poderá seguir accedendo aos contidos das páxinas web sen aplicarse a personalización da experiencia de navegación. No entanto, para realizar subscricións a feitos relevantes é necesario que o usuario acepte as condicións do servizo.

Por outra banda, para poder acceder á sede electrónica da Comisión Nacional do Mercado de Valores, será necesario que o uso de cookies no navegador non estea desactivado e, no caso do trámite de información financeira intermedia de entidades emisoras de valores admitidos a negociación, o usuario ten que aceptar as condicións de uso de cookies.

Os navegadores adoitan permitir que o usuario configure a aceptación das cookies desexadas. Polo xeral, estes axustes atópanse na opción «Preferencias» ou «Opcións» do menú do navegador. Por exemplo:

  • Chrome: Configuración – Mostrar opcións avanzadas – Privacidade – Configuración de contido (para máis información, pode consultar o soporte de Google ou a axuda do navegador)
  • Firefox: Ferramentas – Opcións – Privacidade – Historial - Configuración personalizada (para máis información, pode consultar o soporte de Mozilla ou a axuda do navegador)
  • Internet Explorer: Ferramentas – Opcións de Internet – Privacidade – Configuración (para máis información, pode consultar o soporte de Microsoft ou a axuda do navegador)
  • Safari: Preferencias – Seguridade (para máis información, pode consultar o soporte de Apple ou a axuda do navegador)
  • Opera: Configuración - Privacidade e seguridade (para máis información, pode consultar a axuda do navegador)
  • Edge: Configuración – Ver configuración avanzada - Cookies