Os diferentes tipos de información a que se poderá subscribir son:

  • Información privilexiada: de acordo coa definición dada no artigo 7 do Regulamento (UE) n.º 596/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de abril de 2014, sobre o abuso de mercado , entenderase calquera dos tipos de información seguintes:
    1. a información de carácter concreto que non se fixera pública, que se refira directa ou indirectamente a un ou varios emisores ou a un ou varios instrumentos financeiros ou aos seus derivados e que, de facerse pública, podería influír de xeito apreciable sobre os prezos dos ditos instrumentos ou dos instrumentos derivados relacionados con eles;
    2. en relación cos instrumentos derivados sobre materias primas, a información de carácter concreto que non se fixera pública, que se refira directa ou indirectamente a un ou varios deses instrumentos derivados ou directamente a un contrato de contado sobre materias primas relacionado con eles e que, de facerse pública, podería influír de xeito apreciable sobre os prezos dos ditos instrumentos derivados ou dos contratos de contado sobre materias primas relacionados con eles, e sempre que se trate de información da que razoablemente caiba esperar que se faga pública ou que deba facerse pública obrigatoriamente, de acordo co previsto nas disposicións legais ou regulamentarias da Unión ou nacionais, nas normas do mercado, nos contratos ou nos usos e as prácticas dos correspondentes mercados de derivados sobre materias primas ou de contado;
    3. en relación cos dereitos de emisión ou cos produtos poxados baseados neses dereitos, a información de carácter concreto que non se fixera pública, que se refira directa ou indirectamente a un ou a varios deses instrumentos financeiros e que, de facerse pública, podería influír de xeito apreciable sobre os prezos dos ditos instrumentos ou dos instrumentos financeiros derivados relacionados con eles;
    4. en canto ás persoas encargadas da execución das ordes relativas aos instrumentos financeiros, a información transmitida por un cliente en relación coas súas ordes pendentes relativas a instrumentos financeiros, que sexa de carácter concreto, que se refira directa ou indirectamente a un ou varios emisores ou a un ou varios instrumentos financeiros e que, de facerse pública, podería influír de xeito apreciable sobre os prezos deses instrumentos financeiros, os prezos de contratos de contado sobre materias primas ou os prezos dos instrumentos derivados relacionados con eles.
  • Outra información relevante: refírese ás «restantes informacións de carácter financeiro ou corporativo relativas ao propio emisor ou aos seus valores ou instrumentos financeiros que calquera disposición legal ou regulamentaria obrigue a facer públicas en España ou que considere necesario, polo seu especial interese, difundir entre os investidores».
  • Feitos relevantes de IIC e outras entidades autorizadas.