Busca

Todos os campos son obrigatorios (agás o segundo apelido)

Para recibir as comunicacións públicas da CNMV, vostede débenos facilitar datos persoais que trataremos para enviarllas.

Informámolo sobre a política de privacidade e protección de datos, que está amplamente desenvolta na nosa páxina web e da cal lle ofrecemos un resumo.

Por último, debe outorgar o seu consentimento para o tratamento dos seus datos de acordo con esta política de privacidade e protección de datos.

Responsable: COMISIÓN NACIONAL DO MERCADO DE VALORES (CIF Q-2891005-G), Edison nº 4, 28006 Madrid.Datos de contacto do Delegado de Protección de Datos dpd@cnmv.es

Finalidade: Os seus datos son recollidos para os efectos de identificación coa finalidade de remitirlle as comunicacións públicas como consecuencia da súa solicitude de recibir información.

Lexitimación: Vostede é o titular dos datos que se lle solicitan neste escrito. O seu tratamento baséase no seu consentimento e enténdese que, no caso de que vostede non autorizase o tratamento dos seus datos, a CNMV non podería dar curso á súa solicitude.

Destinatarios: Os seus datos serán tratados nos departamentos da CNMV estritamente implicados na elaboración e remisión de comunicacións públicas.

Cesión de datos a terceiros: Para o desenvolvemento de determinadas funcións necesarias para a correcta elaboración e puntual remisión das comunicacións públicas pódese precisar a colaboración de terceiros. Nese caso, só cederiamos os seus datos de ser imprescindible para asegurar a calidade e a puntualidade da información que debe recibir.

Dereitos: Como titular dos datos que se lle solicitan, ten a posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos, e a limitación ou oposición ao seu tratamento. Así mesmo, en calquera momento ten dereito a retirar o consentimento prestado.

O exercicio destes dereitos solicitarase mediante un correo electrónico dirixido a derechospd@cnmv.es, no que debe incluír a fotocopia do seu DNI.

Por último, ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos no caso de que considere vulnerados os dereitos sobre os seus datos persoais. Sen prexuízo do anterior, tamén poderá, antes da presentación da citada reclamación, dirixirse ao Delegado de Protección de Datos da CNMV a través do correo electrónico dpd@cnmv.es ou mediante un escrito que pode enviar ao domicilio da CNMV.