Busca

ANTONIO YESTE GONZALEZ

Empresas de Asesoramiento Financiero
Nº Registro OficialFecha registro oficial
157 17/10/2014
Servizos e actividades de investimento
Servizos e actividades de investimentoInstrumentosClientes
a
b
c
d
e
f
g
h
i
j
k
RetallistasProfesionaisContrapartes elixibles
Asesoramiento en materia de inversión
SiSiSiSiSiSi
Servizos e actividades de investimento / servizos auxiliares sobre instrumentos non recollidos no artigo 2 do TRLMV (art. 142.2)
Servizos e actividadesInstrumentosClientes
RetallistasProfesionaisContrapartes elixibles
asesoramiento en materia de inversiónDepósitos , Planes de pensiones y seguros de ahorro como forma de complementar las carteras de los clientes.SiSi

ANEXO TRLMV

Instrumentos financeiros comprendidos no ámbito do texto refundido da Lei do mercado de valores

  1. Valores negociables, entendendo como tales calquera dereito de contido patrimonial, calquera que sexa a súa denominación, que pola súa configuración xurídica propia e réxime de transmisión sexan susceptibles de tráfico xeneralizado e impersoal nun mercado financeiro, incluíndo as seguintes categorías de valores, con excepción dos instrumentos de pagamento:

  2. Instrumentos do mercado monetario, entendendo como tales as categorías de instrumentos que se negocian habitualmente no mercado monetario, como letras do Tesouro, e efectos comerciais, excluídos os instrumentos de pagamento.

  3. Participacións e accións en institucións de investimento colectivo, así como das entidades de capital-risco e das entidades de investimento colectivo de tipo pechado.

  4. Contratos de opcións, futuros, permutas (swaps), acordos de tipos de interese a prazo e outros contratos de derivados relacionados con valores, divisas, tipos de interese ou rendementos, dereitos de emisión ou outros instrumentos derivados, índices financeiros ou medidas financeiras que poidan liquidarse mediante entrega física ou en efectivo.

  5. Contratos de opcións, futuros, permutas (swaps), contratos a prazo e outros contratos de derivados relacionados con materias primas que deban liquidarse en efectivo ou que poidan liquidarse en efectivo á elección dunha das partes por motivos distintos ao incumprimento ou a outro suceso que leve á rescisión do contrato.

  6. Contratos de opcións, futuros, permutas (swaps) e outros contratos de derivados relacionados con materias primas que poidan ser liquidados mediante entrega física, sempre que se negocien nun mercado regulado ou nun sistema multilateral de negociación (SMN) ou nun sistema organizado de contratación (SOC), excepto polo que respecta aos produtos enerxéticos por xunto, segundo a definición do artigo 2, punto 4, do Regulamento (UE) n.º 1227/2011, que se negocien nun SOC e deban liquidarse mediante entrega física.

  7. Contratos de opcións, futuros, permutas (swaps), acordos a prazo e outros contratos de derivados relacionados con materias primas que poidan ser liquidados mediante entrega física non mencionados no apartado anterior e non destinados a fins comerciais, que presenten as características doutros instrumentos financeiros derivados.

  8. Instrumentos derivados para a transferencia do risco de crédito.

  9. Contratos financeiros por diferenzas.

  10. Contratos de opcións, futuros, permutas (swaps), acordos a prazo e outros contratos de derivados relacionados con variables climáticas, gastos de transporte ou tipos de inflación ou outras estatísticas económicas oficiais, que deban liquidarse en efectivo ou que poidan liquidarse en efectivo á elección dunha das partes por motivos distintos ao incumprimento ou a outro suceso que leve á rescisión do contrato, así como calquera outro contrato derivado relacionado con activos, dereitos, obrigas, índices e medidas non mencionados neste anexo, que presentan as características doutros instrumentos financeiros derivados, tendo en conta, entre outras cousas, se se negocian nun mercado regulado, SOC ou SMN.

  11. Dereitos de emisión consistentes en unidades recoñecidas para os efectos da conformidade cos requisitos da Directiva 2003/87/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de outubro de 2003, pola que se establece un réxime para o comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro na Comunidade e pola que se modifica a Directiva 96/61/CE do Consello.