Advertencias ao público
O investimento a través de entidades non autorizadas leva consigo elevados riscos de perda do capital, xa que actúan á marxe dos controis establecidos polos organismos supervisores.
Para evitalo, tanto a CNMV como outros reguladores estranxeiros difunden advertencias sobre entidades que poden estar prestando servizos de investimento sen estar debidamente habilitadas para facelo.
Advertencias da CNMV
Advertencias de reguladores estranxeiros
A través do buscador de entidades advertidas poden localizarse as entidades que foron incorporadas a algún dos grupos de advertencias ao público anteriormente indicados, para o que se debe transcribir a totalidade do nome da entidade que se quere consultar ou parte del.
Se quere verificar se unha entidade está autorizada para prestar algún servizo de investimento, consulte o buscador incluído no número 2 da seguinte ligazón.